Sunday 05 de May de 2024

Os meniños da gardería municipal de Brión celebran cos seus pais e nais a fin de curso


Os nenos e nenas da escola infantil municipal de Brión celebraron esta mañá a súa tradicional festa de fin de curso, na que participaron máis dun cento de pais e nais. Os pequenos asistiron coas mesmas camisetas, deseñadas polo profesorado do centro e pintadas polos meniños, e recibiron o correspondente diploma de “graduación”, antes de participaren nunha pequena festa con lambonadas e zumes para todos os presentes. A directora da gardería municipal de Brión, Dolores Campos, destaca a importancia deste tipo de actividades xa que “para nós é moi importante manter sempre un contacto directo e habitual cos pais e nais, poir iso organizamos actividades para que veñan á gardería e vexan como se traballa cos seus fillos e fillas”.